lunes, 25 de febrero de 2013

DEREITOS DO CONSUMIDOR

O 15 de marzo conmemórase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Este día ten a súa orixe nunha declaración feita polo ex-presidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy, sobre catro dereitos básicos:
  • Dereito a produtos e servizos seguros.
  • Dereito a ser informado/a.
  • Dereito a elexir.
  • Dereito a ser escoitado.
Posteriormente a estes catro dereitos engadíronse outros catro:
  • Dereito á satisfacción de necesidades básicas.
  • Dereito a ser compensado/a.
  • Dereito á educación.
  • Dereito a un medio ambiente san.
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor celebrouse por primeira vez o 15 de marzo de 1983.